Tinakula

Modelo:Xeografía físicaTinakula
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Santa Cruz Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Santa Cruz Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTemotu, Illas Salomón Editar o valor en Wikidata
Mapa
 10°23′S 165°48′L / -10.38, 165.8
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude851 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións3,1 (ancho) × 3,6 (lonxitude) km
Superficie8 km² Editar o valor en Wikidata

Tinakula é un volcán cónico que forma unha illa ao norte de Nendo na provincia de Temotu, nas Illas Salomón. Atópase no extremo norte da Illas Santa Cruz. Ten ao redor de 3´5 km de ancho e elévase 851 metros sobre o nivel do mar, pero elévase de tres ou catro quilómetros por encima do fondo do mar. Entra en erupción aproximadamente cada hora cunha columna de cinza e rocas. A primeira erupción do volcán rexistrouse en 1595, cando Álvaro de Mendaña navegaba preto na súa volta ó redor do mundo.

Ocupación

[editar | editar a fonte]

A illa está deshabitada. Unha poboación anterior foi erradicada cando o volcán entrou en erupción ao redor de 1840 e o fluxo piroclástico varreu todos os lados da illa. En 1951, polinesios de Nukapu e Nupani establecéronse na illa, que alcanzou un pico de poboación de 130 habitantes, antes de que tivese que ser evacuada coa erupción de 1971. O pobo de Temateneni atópase na costa sueste. A finais de 1980, dúas familias (menos de 10 persoas) de Nupani fixeron outro intento de colonización.

A illa está cuberta de selva, agás a parte occidental, que está cuberta de cinza. Foi arrasada por deslizamentos de terra en 1965. Cando o volcán entra en erupción, é posible observar grandes rocas rodando pola ladeira da montaña.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]