Thioalkalibacteraceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
As tioalcalibacteráceas (Thioalkalibacteraceae) son unha familia de bacterias extremófilas, especificamente halófilas, alcalófilas ou alcalitolerantes, de mesófilas a termófilas obrigadamente quimiolitoautótrofas da orde Chromatiales, que comprende os xéneros Thioalkalibacter[1] e Guyparkeria.[2] Esta familia está estreitamente relacionada coa familia Halothiobacillaceae de autótrofos obrigados mesófilos.[2]
O xénero tipo da familia é Thioalkalibacter, e ambos os xéneros da familia son autótrofos obrigados que fixan o dióxido de carbono en composos biolóxicos usando o ciclo de Calvin-Benson (utilizando a forma IAc da RuBisCO) e oxidan oxianións de xofre, sulfuro e xofre elemental como doantes de electróns. Todos os xéneros usan ubiquinona-8 como principal quinona respiratoria e teñen unha fracción G+C de 54-68 mol%. A diferenza da familia relacionada das Halothiobacillaceae, non presentan intermediarios de politionato detectables da oxidación do xofre, e ademais as Thioalkalibacteracaceae son halófilas obrigadas en vez de halotolerantes, e tamén alcalófilas ou alcalitolerantes, en vez de mesófilas ou acidotolerantes.[2]