O tiro de corda é un deporte que formou parte do programa olímpico oficial en tódalas edicións dos Xogos entre 1900 e 1920. Orixinalmente, a competición estaba formada por grupos chamados clubs. Un país podía competir con máis dun club na competición, facendo para un país gañar múltiples medallas. Isto ocorreu en 1904, cando os Estados Unidos gañaron as tres medallas, e en 1908, cando o podio estivo ocupado por tres equipos británicos.[1] Suecia tamén está entre os países con máis vitorias, conseguindo dúas medallas, unha delas como membro do equipo mixto.
Durante a súa época como deporte olímpico, foi considerado como parte do programa olímpico de atletismo, aínda que deportes como o tiro de corda e o atletismo son considerados distintos no presente.[2]
|
---|
Deportes de Verán | |
---|
Deportes de Inverno | |
---|
Engadidos en 2024 | |
---|
Engadidos en 2026 | |
---|
Engadidos en 2028 | |
---|
Deportes do pasado | |
---|