O Titan II GLV foi un foguete espacial tripulado dos Estados Unidos usados no programa Gemini entre 1964 e 1966.[1][2]
Os Titan II GLV eran mísiles Titan II modificados como lanzadores orbitais para as cápsulas tripuladas do programa Gemini. As principais modificacións eran as relativas á redundancia de sistemas e á detección de problemas durante o lanzamento. Tódolos doce Titan II GLV lanzados funcionaron sen problemas e puxeron en órbita ás súas respectivas cápsulas Gemini tripuladas, co primeiro engalando o 8 de abril de 1964 e o último o 11 de novembro de 1966.[1][2]
Cada foguete podía poñer ata 3600 kg de carga en órbitas de 300 km de altura, tiñan un impulso de 2090 kN e unha masa total, incluíndo, propelente, de 150.530 kg. Medían 32,8 m de altura e 3,05 m de diámetro.[1][2]
Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Gemini 1 | 8 de abril de 1964 | Titan II GLV | Éxito |
Gemini 2 | 19 de xaneiro de 1965 | Titan II GLV | Éxito |
Gemini 3 | 23 de marzo de 1965 | Titan II GLV | Éxito |
Gemini 4 | 3 de xuño de 1965 | Titan II GLV | Éxito |
Gemini 5 | 21 de agosto de 1965 | Titan II GLV | Éxito |
Gemini 7 | 4 de decembro de 1965 | Titan II GLV | Éxito |
Gemini 6A | 15 de decembro de 1965 | Titan II GLV | Éxito |
Gemini 8 | 16 de marzo de 1966 | Titan II GLV | Éxito |
Gemini 9A | 3 de xuño de 1966 | Titan II GLV | Éxito |
Gemini 10 | 18 de xullo de 1966 | Titan II GLV | Éxito |
Gemini 11 | 12 de setembro de 1966 | Titan II GLV | Éxito |
Gemini 12 | 11 de novembro de 1966 | Titan II GLV | Éxito |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Titan II GLV |