Tityus serrulatus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar de Tityus serrulatus. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Tityus serrulatus Lutz & Mello, 1922 |
Tityus serrulatus é unha especie de escorpión da familia Buthidae. É orixinario do Brasil e o seu veleno é extremadamente tóxico.[1] É o máis perigoso escorpión de América do Sur, sendo responsábel de moitos encontros fatais cos seres humanos.[2]
Os exemplares adultos polo xeral miden entre 5–7 cm de lonxitude.[3] Ten as patas (8 en total) e os pedipalpos de cor amarela pálida, cun ton máis escuro de marrón amarelento no tronco, nos dedos e na punta da cola.[3] Como outros membros da familia Buthidae, T. serrulatus ten unha cola bulbosa, a miúdo orientada nunha curva cara a adiante sobre o lombo, que está segmentado, con cristas e estrías prominentes.[3] A cola ten na punta unha puga que inxecta veleno que é quen de inmovilizar a presa ou lanzar golpes defensivos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tityus serrulatus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tityus serrulatus |