To vlemma tou Odyssea | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Το βλέμμα του Οδυσσέα |
Director | Theo Angelopoulos |
Produtor | Phoebe Economopoulos Eric Heumann Giorgio Silvagni |
Guión | Theo Angelopoulos Tonino Guerra Petros Markaris Giorgio Silvagni Kain Tsitseli |
Intérpretes | Harvey Keitel Maia Morgenstern Erland Josephson |
Música | Eleni Karaindrou |
Fotografía | Giorgos Arvanitis |
Distribuidora | Roissy Films |
Estrea | 13 de setembro de 1995 |
Duración | 176 minutos |
Orixe | Grecia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
To vlemma tou Odyssea (en grego: Το βλέμμα του Οδυσσέα) é un filme grego de 1995 dirixido por Theo Angelopoulos e protagonizado por Harvey Keitel, Maia Morgenstern e Erland Josephson. Foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 68ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1][2]
Un cineasta grego exiliado volve a Grecia e inicia unha viaxe a través dos destruídos Balcáns, coa intención de atopar vellos rolos de filmes dun cineasta pioneiro; unha viaxe tamén interior, que o leva a descubrir un mundo dividido polas guerras e as ideoloxías.