Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Poboación | ||||
Poboación | 36.439 (148,13 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 246 km² | |||
Bañado por | Río Bogotá | |||
Altitude | 2.605 m | |||
Creación | 1593 | |||
Sitio web | tocancipa-cundinamarca.gov.co… | |||
Tocancipá é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Sabana Centro, a 22 km de Bogotá, saíndo pola Autoestrada Norte (no correximento de Briceño inicia a Concesión Briceño-Tunja-Sogamoso).
Tocancipá é recoñecido polo Parque Jaime Duque e o Autódromo de Tocancipá, onde se realizan diferentes competencias de automobilismo e motociclismo. Neste lugar foi onde xurdiu o recoñecido piloto bogotano Juan Pablo Montoya. Este autódromo forma parte da área metropolitana de Bogotá, polo cal é un sitio de acceso doado dende o norte da cidade até o Autódromo, pola Autoestrada Norte.
Tocancipá ou Toquenzipá, en muysc cubun (lingua muisca), significa «pampanillas do noso pai», segundo Acosta Ortegón; pero para outros autores significa «alegrías de Zipa», en razón a que este celebraba alí os seus triunfos sobre o Zaque ó seu regreso dos campos de batalla de Chocontá.