Tohil Mons

Tohil
Vista aérea do cráter de Tohil Mons..
Tipo de accidente xeolóxico Mons
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 371,47 km[1]
Extensión 43.129 km²[2]
Altitude 8,8 km[2]
Coordenadas 29,5° S 160,49 °O[1]
Procedencia do nome Deus centroamericano que lle deu ós home o lume.[1]
Topografía de Tohil Mons, feita pola sonda Galileo

Tohil Mons é unha montaña da lúa de Xúpiter, Ío. Segundo a U.S. Geological Survey ten un diámetro medio de 371,47 km[1], aínda que a Io Mountain Database dálle un longo de 345,3 km por 111,6 km de ancho.[2] Ten 8,8 km de altura e está localizado na rexión de Culann–Tohil[2], no hemisferio oculto de Ío. Recibiría o nome dun deus centroamericano chamado Tohil.

Xeoloxicamente, Tohil Mons é considerada polos científicos da NASA unha das montañas máis complexa do Sistema Solar, xa que amosa evidencias de terse formado en parte por procesos tectónicos e que amosa procesos erosivos, en combinación con rochas de silicatos volcánicos ou con actividade magmática[3].

O macizo principal de Tohil Mons está caracterizado polas escarpas e sucos, o cal indica que os materiais presente foron emprazados por forzas tectónicas. Isto incluiría os materiais máis novos da codia que terían sido colocados durante os vastos procesos erosivos.

As áreas entre a montaña e os volcáns próximos, Radegast Patera e Tohil Patera conteñen un respectable número de lugares co chan composto por silicatos claros e escuros, o cal poderían ser lagoas ou pequenos lagos de lava.

Estudos topográficos do terreo indican que este tería menos de 1 km de relevo dentro da rexión de Culann–Tohil e que non hai unha conexión apreciable entre os centros de vulcanismo activo e a topografía do lugar [4].

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Mons, montes: Tohil Mons on Io". Consultado o 21-08-2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 planetologia.elte.hu (ed.). "Io Mountain Database". Consultado o 21-08-2010. 
  3. "R. R. Wilson and P. M. Schenk: From Tohil to Inachus: An Ionian Topography Progress report. Lunar and Planetary Science XXXIII (2002)
    Consultado o 19-01-2008"
    . Arquivado dende o orixinal o 10-12-2007. Consultado o 21-08-2010.
     
  4. Williams, David A; et al. (2004-05-01). "Mapping of the Culann–Tohil region of Io from Galileo imaging data". Icarus. Special Issue: Io after Galileo (en inglés) 169 (1): 80–97. ISSN 0019-1035. doi:10.1016/j.icarus.2003.08.024. (require subscrición (?)). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]