Tomás Reñones

Modelo:BiografíaTomás Reñones
Biografía
Nacemento9 de agosto de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Marbella
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Altura171 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, político Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoGrupo Independiente Liberal Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  FC Barcelona
1980–1981   SD Compostela
1981–1984   Atlético de Madrid B 78(1)
1984–1996   Atlético de Madrid 367(2)
1996–1997 Club Atlético Marbella 30(0)
1996–1997 Marbella Fútbol Club
1997–1998 UD San Pedro 21(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1985–1989   España 19(0)
Participou en
xuño de 1988Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988
1986Mundial de Fútbol México 1986 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 56808 Editar o valor en Wikidata

Pedro Tomás Reñones Crego, nado en Santiago de Compostela o 9 de agosto de 1960, é un exfutbolista e político galego, que xogaba como lateral dereito e central, e que foi internacional coa selección española.

Comezou no Compostela e destacou no Atlético de Madrid, equipo no que foi capitán e co que xogou 487 partidos, sendo o terceiro futbolista con máis encontros da historia do club, só por detrás de Adelardo e Koke Resurrección. Despois da súa retirada meteuse en política, foi concelleiro e alcalde de Marbella polo partido de Jesús Gil e acabou xulgado, condenado e encarcerado por corrupción no marco do caso Malaya.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Comezou no Compostela, onde xogou dende a idade xuvenil, debutando co primeiro equipo en Segunda B con 16 anos, da man do adestrador Carlos Torres.[1] Xogou as seguintes dúas tempadas co equipo santiagués en Terceira, logrando o ascenso na segunda delas, na que disputou todos os partidos.

No verán de 1981 fichou polo Atlético de Madrid, xogando as tres primeiras tempadas co filial en Segunda División. Debutou co primeiro equipo en outubro de 1983 nun partido da Copa do Rei fronte ao Tarancón. Disputou co primeiro equipo dous partidos máis de Copa esa tempada, así como oito da Copa da Liga, todos eles como titular, incluídos os dous da final perdida contra o Valladolid.

Subiu definitivamente ao primeiro equipo na tempada 1984/85, na que disputou 49 partidos, todos como titular, e foi un dos piares do cadro adestrado por Luis Aragonés que conquistou a Copa do Rei no Santiago Bernabéu. Continuou 11 anos máis no club madrileño, gañando unha liga (1996) e tres copas do Rei máis (1991, 1992 e 1996). Foi o capitán do equipo cando este gañou o dobrete. Os seus derradeiros minutos como atlético foron o día 25 de maio de 1996, cando, a petición da bancada, e no derradeiro partido da Liga 95-96, perante o Albacete, saíu ao campo no minuto 80.

Tras deixar o club madrileño xogou no Atlético Marbella e logo na UD San Pedro, en San Pedro Alćantara.

Destacaba pola súa dureza no campo e a súa correcta colocación na defensa.

Selección española

[editar | editar a fonte]

Debutou coa selección española o 20 de novembro de 1985, nun partido amigable contra Austria, e uns meses despois entrou na lista de convocados por Miguel Muñoz para o Mundial de México 1986. Foi titular en todos os partidos de dito Mundial, ata a eliminación en cuartos de final fronte a Bélxica. Xogou tamén a Eurocopa de 1988. Disputou un total de 19 partidos coa selección.

Tras a retirada

[editar | editar a fonte]

Trala súa carreira futbolística recalou no concello de Marbella, sendo elixido concelleiro polo Grupo Independiente Liberal, o partido do seu antigo presidente Jesús Gil. Tralas accións xudiciais contra o goberno da cidade por corrupción e a detención de Marisol Yagüe, ocupou o cargo de alcalde en funcións ata que unha xunta xestora se fixo cargo do concello. Foi detido pola policía española, a instancias do xulgado correspondente e dentro da operación Malaya, o martes 27 de xuño de 2006, pola súa participación na corrupción urbanística e inmobiliaria en Marbella. Estivo tres meses en prisión provisional e en 2008 volveu ingresar no cárcere para cumprir unha pena de 9 meses por delito urbanístico.[2]

En 2013 foi condenado a catro anos de cárcere e a unha multa de 320.000€ por un delito continuado de suborno pasivo,[3] e a dous anos máis por fraude. Ingresou no cárcere de Alhaurín de la Torre en 2016.[4]

Saíu da prisión en 2018, pasando a ser coordinador do primeiro equipo do Atlético de Madrid.[5][6]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Atlético de Madrid B

[editar | editar a fonte]

Atlético de Madrid

[editar | editar a fonte]
  1. "Tomás espera el futuro santiagués". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de setembro de 1980. p. 44. 
  2. "El ex futbolista Tomás Reñones es condenado a dos años de prisión por Malaya" (en castelán). 3 de outubro de 2013. Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  3. "Tomás Reñones, condenado a cuatro años de cárcel y 320.000 euros de multa". El País (en castelán). 4 de outubro de 2013. Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  4. "Tomás Reñones ingresa en prisión por el caso Malaya" (en castelán). 5 de febreiro de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  5. "Todos a la calle". La Razón (en castelán). 17 de novembro de 2018. Consultado o 4 de marzo de 2021. 
  6. Calvo, Naso (16 de xullo de 2018). "Tomás Reñones regresa al Atlético de Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2021.