Tove | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tove |
Director | Zaida Bergroth |
Produtor | Aleksi Bardy Andrea Reuter |
Guión | Eeva Putro |
Intérpretes | Alma Pöysti Krista Kosonen Shanti Roney Joanna Haartti |
Fotografía | Linda Wassberg |
Montaxe | Samu Heikkilä |
Estrea | 2 de outubro de 2020 |
Orixe | ![]() |
Xénero | Biográfico |
Recadación | 3,4 millóns de euros[1] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Tove é un filme finlandés de 2020 dirixido por Zaida Bergroth.[2][3] É un filme biográfico sobre a autora e ilustradora Tove Jansson, creadora dos Moomins. O filme tivo un orzamento de 3,4 millóns de euros, o que o converte no segundo filme finlandés máis caro, despois de Tuntematon sotilas (2017).[1] Foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4][5]
O filme céntrase nos primeiros anos de vida de Tove Jansson, desde a súa vida durante a guerra ata mediados da década de 1950, mostrando tanto as súas relacións persoais con personaxes como Vivica Bandler e Atos Wirtanen, como a creación dos Moomins e a popular serie de libros.[6][7]