Trae Bell-Haynes

Infotaula de personaTrae Bell-Haynes

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1995 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Toronto, Canadá Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor en Wikidata
EducaciónBill Crothers Secondary School (en) Traducir
Universidade de Vermont Editar o valor en Wikidata
Altura1.880 mm Editar o valor en Wikidata
Peso82 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2018 Editar o valor en Wikidata -
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Skyliners Frankfurt
2014-2018 Vermont Catamounts men's basketball (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Trae Bell-Haynes, nado o 5 de setembro de 1995 en Toronto, é un xogador profesional de baloncesto canadense. Cunha altura de 1,88 m xoga na posición de base. Formado na Universidade de Vermont, actualmente xoga para o Casademont Zaragoza da Liga ACB.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Toronto, Trae Bell-Haynes formouse na Escola Secundaria de Bill Crothers, situada ás aforas da cidade. Alí foi capitán do equipo e líder en anotación. Posteriormente ingresou na Universidade de Vermont. Cos Vermont Catamounts fixo unha media de 11,7 puntos, 3 rebotes e 4 asistencias por partido en catro temporadas, destancando a súa última, onde fixo unha media de 14,6 puntos, 4,3 asistencias e 4,1 rebotes. Durante esta etapa foi escollido habitualmente nos quintetos destacados da conferencia America East e nomeado mellor xogador nas dúas últimas temporadas. Após finalizador a súa estancia universitaria, tras non saír seleccionado no Draft da NBA, disputou a liga de verán da NBA cos Milwaukee Bucks.[1]

A súa primeira experiencia como profesional sería en 2018 na Basketball Bundesliga alemá cos Skyliners Frankfurt. Alí fai unha media de 6,1 puntos e 2,6 asistencias por encontro. Ao ano seguinte, após pasar por ligas de desenvolvemento norteamericanas, regresa a Europa cos Helsinki Seagulls da Korisliiga, onde destaca con 12,8 puntos e 4,8 asistencias por encontro. Na temporada 2020−21 regresa á Bundesliga cos Crailsheim Merlins, onde consegue ser nomeado o Mellor Xogador Ofensivo da competición cunha media de 16,8 puntos e 7,2 asistencias e 3,8 rebotes por partido. O 16 de xullo de 2021 asina polo Río Breogán da Liga ACB,[1] onde fai unha media de 12,9 puntos e 4,1 asistencias por encontro. Apos finalizar o seu contrato co Breogán, asina co Budućnost VOLI.

Ao longo da súa carreira, Bell-Haynes ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2][3]

  1. 1,0 1,1 "Trae Bell- Haynes, director de xogo do Río Breogán". CB Breogán. 16 de xullo de 2021. Consultado o 16 de xullo de 2021. 
  2. "Trae Bell-Haynes Player Profile". Real GM (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2021. 
  3. "Trae Bell-Haynes, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]