Tipo | illa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Aru ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Aru, Indonesia ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Arafura ![]() | |||
Composto por | ||||
Características | ||||
Altitude | 14 m ![]() | |||
Superficie | 2.149 km² ![]() | |||
A Illa Trangan (indonesio: Pulau Trangan) é unha illa de Indonesia[1] pertencente ao grupo das illas Aru, no mar de Arafura. Administrativamente pertence á provincia de Molucas, Indonesia.
A súa superficie é de 2.149 km² e, por extensión, é a 197ª illa maior do mundo.
É a illa principal do grupo e a situada máis ao sur. As outras illas principais do arquipélago Aru son Tanahbesar (tamén chamado Wokam), Kobroor, Kola, Koba e Maikoor. O estreito chamado Maikoor River separa a illa de Trangan, polo seu lado norte, das illas de Maikoor e Koba.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trangan |