Transteísmo provén de Transteísta, termo acuñado polo folósofo Paul Tillich e o estudoso Heinrich Zimmer para referirse ao sistema de pensamento ou filosofía relixiosa que transcende ao teísmo, e que, por tanto, non é teísta nin ateísta.
Zimmer aplica o termo ao sistema teolóxico do xainismo, que é teísta no sentido de que pensa que os Deuses existen, pero que se converten en inmateriais cando son transcendidos por Moksha (isto é, un sistema que non é ateísta, pero no cal os Deuses non son a instancia espiritual máis alta). Zimmer usa o termo para describir a posición dos Tirthankaras tendo traspasado máis aló das divindades gobernantes da orde natural.
O termo tamén se aplicou recentemente ao budismo[1], ao Advaita Vedanta[2] e ao movemento Bhakti[3].
Nathan Katz, en Buddish and Western Philosophy, anota que o termo "transpoliteísta" sería máis adecuado, xa que este indica que as deidades politeístas non son negadas ou rexeitadas aínda despois da noción do Brahman absoluto que os transcende, pero critica a clasificación por categorizar o principal pola periferia. "Como categorizar o Catolicismo Romano como un bo exemplo de non-Nestorianismo".