Tratado de Lisboa (1864)

Ponte na Raia, sobre o Miño. Comunica as vilas de Valença e Tui

No Tratado de Lisboa, tamén coñecido como Tratado de Lindes de Lisboa, asinado o 29 de setembro de 1864, establecéronse os lindes das fronteiras entre España e Portugal actualmente vixentes.

Neste tratado firmouse a desaparición do Couto Mixto, que quedou integrado en España a cambio dos Pobos promiscuos (aldeas nas que parte das súas casas estaban situadas na antiga liña fronteiriza hispano-portuguesa servindo de burladeiro aos seus moradores perante as autoridades gobernativas e alfandegarias de ámbolos dous países, ao non estar clara a súa pertenza exclusiva a un deles) de Cambedo, Soutelinho da Raia e Lama de Arcos, que se cederían a Portugal. O tratado foi ratificado por España e Portugal en 1865. O documento de entrega e posesión formalizouse en Santiago (Calvos de Randín) o 23 de xuño de 1868. A vixencia do tratado comezou o 5 de novembro de 1868.

Fronteira entre Galiza e Portugal (1863)
Mapas elaborados por José de Castro a partir do recoñecemento realizado o ano anterior
Fronteira no río Miño.
Fronteira no río Miño.
Fronteira entre o río Miño e o castelo de Sandín.
Fronteira entre o río Miño e o castelo de Sandín.
Fronteira entre o castelo de Sandín e o Penedo dos Tres Reinos.
Fronteira entre o castelo de Sandín e o Penedo dos Tres Reinos.
++++ Límites do Couto Mixto
++++ Fronteira pretendida polos españois
++++ Fronteira pretendida polos portugueses
++++ Fronteira non-cuestionada
  • Anexo I: Regulamento relativo ós ríos limítrofes entre ámbalas dúas nacións
  • Anexo II: Regulamento sobre aprensións de gandos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]