Tribunal Supremo de Vermont | |
---|---|
Tipo | Tribunal supremo estatal |
Data de fundación | 1782 |
En | Vermont |
País | Estados Unidos de América |
44°15′42″N 72°34′47″O / 44.26166, -72.57975 | |
Na rede | |
https://www.vermontjudiciary.org/supreme-court | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Tribunal Supremo de Vermont (en inglés, Vermont Supreme Court) é a máis alta instancia xudicial do estado de Vermont, nos Estados Unidos. A súa sede está en Montpelier e está integrado por cinco maxistrados cuxas sentenzas só poden ser apeladas ante o Tribunal Supremo dos Estados Unidos.
Segundo a Constitución de Vermont, o Tribunal Supremo é o cumio do sistema xudicial do estado. Correpóndelle revisar todos os casos, de calquera índole, que lle remitan pois non hai tribunais de apelación intermedios.[1] Ademais, entre os seus atributos tamén destaca o supervisar os xulgados do estado, vela polo respecto ao procedementos e fai cumprir o réxime interno aos xuíces e demais traballadores da Xustiza.[2]
O Tribunal Supremo está integrado por cinco xuíces, actuando un deles como presidente, chamado en inglés chief justice. Estes maxistrados son nomeados polo Gobernador e deben contar co apoio do Senado estatal.[3] Logo dun mandato de seis anos, correspóndelle á Asemblea Xeral de Vermont renovar ou cesar aos maxistrados do Supremo. Isto faise mediante votación secreta do lexislativo nunha sesión conxunta de ambas as dúas cámaras.[4] Os maxistrados non teñen límite de mandatos aínda que deben retirarse ao cumpliren 90 anos de idade.[5]