Trichiurus | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Trichiurus lepturus | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||||
Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758 |
Trichiurus é un xénero de peixes teleósteos mariños da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos, que é o tipo da familia dos triquiúridos e da subfamilia dos triquiurinos.[1]
O xénero comprende polo menos nove especies semipeláxicas, a maioría aínda pouco coñecidas, que forman parte dos chamados peixes dos grandes fondos, porque viven a gran profundidade, e que son coñecidos vulgarmente, debido é súa morfoloxía, como sabres,[2] ou peixes sabre.[3]
Son longos, delgados e xeralmente de cores azulada ou prateada. Reduciron considerablemente as aletas pelvianas e a caudal (que ás veces están ausentes), o que lles dá un aspecto similar a unha anguía. Son depredadores, e a súa boca é grande e está armada con dentes longos e afiados.[4]
A súa antigüidade nos mares da Terra remóntase ao eoceno.[5]
Teñen o corpo extremadamente alongado e fortemente comprimido lateralmente,[6] ao que deben os nomes vulgares de sabres ou peixes sabre.
Depredadores, a súa boca e grande, e nas mandíbulas teñen longos dentes afiados de tipo cairo.[6][7]
A aleta dorsal é moi longa, estendéndose todo ao longo do corpo, coa parte de raios brandos máis longa que a parte con raios espiñentos, distinguíbeis ambas as partes por unha marca nalgunhas especies. A aleta caudal é pequena, e algunhas veces está ausente. As aletas pectorais insírense na parte baixa do corpo, e as aletas pectorais, de estaren presentes, son case vestixiais.[7]
Só presentan unha narina a cada lado do fociño.[6]
Algúns deles son comestíbeis, especialmente a especie Trichiurus lepturus.
O xénero foi descrito polo naturalista sueco Carl von Linné (en latín Carolus Linnaeus), na 10ª edición do seu Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata. Laurentius Salvius: Holmiae. ii, (Ler en liña).[1]
Linneo constuíu o nome do xénero, Trichiurus, cos elementos do latín científico thichi- e -urus, tirados da raíz do xenitivo do nome do grego antigo θρίξ τριχός thríx, trichós "pelo", "cabelo", e a voz οὐρά ourá, "cola".
Ademais de polo nome que lle impuxo Linneo, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
Segundo o WoRMS e a FishBase, o xénero comprende as nove especies seguintes:[1][8]
Porén, o ITIS recoñece dúas especies máis:[9]
Cómpre sinalar que a sistemática do xénero pode modificarse como resultado do descubrimento de novas especies ou a contribución das análises xenéticas do ADN mitocondrial.[10]
Apareceron por primeira vez no rexistro fósil durante o eoceno, no terciario inferior.[5]
Nas augas galegas é frecuente a especie Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758.[3]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trichiurus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Trichiurus |