Trichodesmium

Trichodesmium
Clasificación científica
Reino: Bacteria
Filo: Cyanobacteria
Clase: Cyanophyceae
Orde: Oscillatoriales
Familia: Microcoleaceae
Xénero: Trichodesmium
Especies

T. contortum
T. erythraeum
T. hildebrandtii
T. tenue
T. thiebautii
T. radians

Trichodesmium é un xénero de cianobacterias filamentosas, planctónicas e coloniais. Teñen poboacións estables e xeran floracións visibles en rexións oceánicas tropicais e subtropicais, pobres en nutrientes, do Atlántico, o Pacífico e o Índico. Thricodesmium son diazótrofos: fixadores de nitróxeno atmosférico (N
2
). Son quen de realizar a fixación en condicións de luz diúrna e en condicións aerobias sen precisar de heterocistes [1].

Trichodesmium pode vivir só ou formando colonias, visibles a simple vista. As colonias que forman xeran o substrato pseudobentónico doutros grupos de microorganismos, como bacterias, diatomeas, dinoflaxelados, protozoos e copépodos. Os copépodos son os principais predadores de Trichodesmium. É un xénero totalmente fotoautótrofo e que é determinante nos ciclos bioxeoquímicos globais xa que fixa entre 60-80 Tg de N anuais, entre unha terza e a metade do nitróxeno fixado no planeta [2].

Trichodesmium erythraeum – descrita por Ehrenberg in 1830 [3] T. erythraeum é o axente principal que descolora o Mar Vermello durante as floracións. É o único secuenciado ao completo (denomínase como Trichodesmium IMS 101).

Trichodesmium thiebautii – descrita por Gomont in 1892 [4].

Trichodesmium hildebrantii – descrita por Gomont in 1892 [4].

Trichodesmium contortum – descrita por Wille in 1904 [5].

Trichodesmium tenue – descrita por Wille in 1904 [5].

Trichodesmium radians – descrita por Wille in 1904[5].

Análises filoxenéticas establecen que existen dous clados do xénero: (i) T. tenue e T. erythraeum e (ii) T. thiebautii, T. hildebrandtii e T. contortum. Estudos co xene de referencia nifH mostraron que Trichodesmium spp. e os membros do xénero Katagnymene (K. pelagica e K. spirali) de cianobacterias están moi próximos, malia que ocupan nichos ben diferenciados [2].

  1. Carpenter, E.J., Capone, D.G., Rueter, J.G. eds. (1991). Marine Pelagic Cyanobacteria: Trichodesmium and other diazothrophs. Dordrecht.: Kluwer Academic Publishers. 
  2. 2,0 2,1 Bergman, Birgitta; Sandh, Gustaf; Lin, Senjie; Larsson, John; Carpenter, Edward J (2013-05). "Trichodesmium – a widespread marine cyanobacterium with unusual nitrogen fixation properties". Fems Microbiology Reviews 37 (3): 286–302. ISSN 0168-6445. PMC 3655545. PMID 22928644. doi:10.1111/j.1574-6976.2012.00352.x. Consultado o 2016-08-30. 
  3. Ehrenberg,E.O. (1830). "Neue Beobachtungen u¨ber blauartige. Erscheinungen in Aegypten und Siberien nebst einer Ubersicht und Kritik der fru¨her bekannten.". Ann Phys Chem 18: 477–514. 
  4. 4,0 4,1 Gomont, M. (1892). "Monographie des oscillariees (Nostocacees Homocystees) I and II.". Ann Sci Nat Bot Ser 7 (15): 263–368. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Wille, N. (1904). "Die Schizophyceen der plankton-expedition.Ergebnisse der Plankton-Expedition der Humbol-Stiftung.(Hensen,V., ed.)". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.