Trichomonadida | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dous trofozoítos de T. vaginalis. Imaxe coloreada de microscopio electrónico de varrido | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Familias | |||||||||||
Trichomonadida é unha orde de protistas anaerobios, incluído dentro dos parabasálidos. Os membros desta orde denomínanse tricomónadas.
Algúns organismos desta orde son:
As especies desta orde teñen tipicamente de catro a seis flaxelos no polo apical da célula, un dos cales é recorrente, é dicir, discorre formando unha ondulación superficial, dándolle o aspecto dunha membrana ondulante. Igual que outros parabasálidos, teñen un axostilo, unha pelta, unha costa e uns corpos parabasais. En Histomonas só hai un flaxelo e un axostilo reducido e en Dientamoeba, ambos están ausentes.
A maioría das especies son parasitos ou endosimbiontes en animais.
As tricomónadas reprodúcense por medio dun tipo especial de fisión lonxitudinal, orixinando un gran número de trofozoítos nun relativamente curto período de tempo. Nunca forman quistes, polo que a transmisión dun hóspede a outro é sempre por contacto directo cos sitios que ocupan.[1]
O tratamento preferido para a infección por tricomónadas é o Metronidazol.[2]