Trichoplax adhaerens

Trichoplax adhaerens.

O Trichoplax adhaerens Schultze é unha especie animal que pertence ao filo dos placozoos, que ten forma de globo, cunha cavidade corporal enchida de fluído a presión.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

É un animal mariño diminuto, que repta sobre o substrato cos seus cilios, e está composto de capas epiteliais ventrais e dorsais, contendo células mesenquimáticas frouxas. A reprodución é sexual, pero pode ser tamén asexual, por fisión e por xemación.

É o único representante do filo dos placozoos, xa que outra especie (Treptoplax reptans) foi descrita en 1896 e dende entón xamais foi rexistada, levantando dúbidas sobre a súa real existencia.

As súas relacións evolutivas están sendo investigadas, pero podería estar próximas aos cnidarios e aos ctenóforos. Dellaporta et al. investigaron a secuencia mitocondrial completa do Trichoplax adhaerens e amosaron que os placozoos son a rama que xurdiu antes dentro dos metazoos.[1]

Artigo principal: Placozoos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]