Trigonobalanus | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Trigonobalanus doichangensis no Xardín Biotánico de Kunming, Yunnan, China | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
Trigonobalanus é un pequeno xénero de plantas pertencente á familia das fagáceas.
Comprende tres especies de árbores perennifolios, relacionadoss coas faias e os castiñeiros, propios das rexións tropicais de Asia e o Sueste Asiático, e de Suramérica.
O xénero foi descrito en 1962 polo botánico inglés Lewis Leonard Forman.[1]
o nome do xénerto, Trigonobalanus, está formado pola unión dos elementos do latín científico trigono- e -balanus. O primeiro deriva do grego antigo τρί-γωνον trígōnon, "tiángulo",[2] e o segundo ´o termo do latín clásico balanus, "landra" (derivado á súa vez do grego antigo βάλανος bálanos, co mesmo significado.[3]
Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1][4]
O xénero comprende as seguintes tres especies:[1]
Algúns botánicos tratan as tres especies en xéneros separados.[Cómpre referencia]
A útima especis en describirse foi Trigonobalanus excelsa, no bosque subandino anubrado do val superior do río Magdalena, no Parque Nacional Cueva de los Guácharos, Colombia. O xénero era coñecido anteriormente en Indonesia (Célebes), a Federación de Malaisia (Malaia, Sarawak e Sabah) e Tailandia.[5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trigonobalanus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Trigonobalanus |