Trimarán

USA-17 é un trimarán tipo BOR90, unha das embarcacións de vela máis veloces do mundo.

Trimarán é un barco multicasco que consta dun casco principal (vaka) e dous flotadores máis pequenos (amas) atados ó lado do casco principal con puntais laterais (akas). Este tipo de barco é principalmente empregado para a recreación e carreiras a vela.

Os primeiros trimaráns foron construídos polos polinesios hai case 4000 anos, e a meirande parte da terminoloxía relacionada con este tipo de embarcacións é herdada das linguas polinesias. Os barcos multicasco de vela (catamaráns e trimaráns) cobraron maior presenza a partir das décadas de 1960 e 1970. Os trimaráns modernos con fins recreativos están arraigados na tradición de construílos en casa como outros multicascos, aínda que na actualidade existe un número máis ou menos amplo de modelos comerciais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]