Tropical Rainfall Measuring Mission / TRMM | |
---|---|
TRMM | |
Tipo | Observación terrestre |
Organización | NASA, NASDA |
Data de lanzamento | 27 de novembro de 1997, 21:27 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | H-II[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Tanegashima[3][6] |
Obxectivo da misión | Estudo da choiva tropical.[3][6] |
Decaemento | 16 de xuño de 2015[1] |
NSSDC ID | 1997-074A |
Masa | 2394 kg[3] |
Potencia | 1100 W[6] |
Tropical Rainfall Measuring Mission, máis coñecido polo seu acrónimo TRMM, foi un satélite artificial colaboración da NASA e da NASDA xaponesa lanzado nun foguete H-II desde o Centro Espacial de Tanegashima o 27 de novembro de 1997.[2][3][5][6]
A misión de TRMM foi estudar as precipitacións das zonas tropicais e subtropicais, un dos factores máis importantes e menos coñecido do sistema climático terrestre debido ao calor latente que libera.[3][5][6]
A nave estabilizábase nos tres eixos e dispoñía de dous paneis solares que lle proporcionaban ata 1100 vatios de potencia. Levaba os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]
As operacións con TRMM cesaron o 8 de abril de 2015, tras esgotar o satélite todo o seu propelente. Reentrou na atmosfera o 16 de xuño dese mesmo ano. En 2014 lanzouse Global Precipitation Measurement, que continuou o traballo de TRMM.[3][5][6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tropical Rainfall Measuring Mission |