Trouble in Terrorist Town | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Bad King Urgrain |
Distribuidora(s) | Facepunch Studios |
Motor | Source Engine |
Lanzamento | 2010 |
Xénero | Tirador en primeira persoa |
Modos de xogo | Multixogador |
Plataforma(s) | Microsoft Windows[1][2] macOS[1][2] Linux[2] |
Na rede | |
Páxina oficial | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trouble in Terrorist Town (a miúdo acurtado como TTT) é un modo de xogo creado por usuarios con físicas de xogo de Garry's Mod.[3] Foi creado por Bad King Urgrain, un desenvolvedor tamén coñecido pola modificación Zombie Master para Half-Life 2.[4] Trouble in Terrorist Town emprega a linguaxe de programación de Garry's Mod', Lua, e apóiase no contido de xogo de Counter-Strike: Source por mor dos seus modelos de personaxes e de armas.[3]