Tsubame | |
---|---|
Representación artística de Tsubame | |
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | JAXA, Instituto Tecnolóxico de Toquio, Universidade de Ciencias de Toquio |
Data de lanzamento | 6 de novembro de 2014[1][2][3][4] |
Foguete portador | Dnepr[3][5] |
Sitio de lanzamento | Base de Dombarovsky[3][6] |
Obxectivo da misión | Observacións astronómicas en raios X e raios gamma.[3][6] |
NSSDC ID | 2014-070E |
Masa | 49 kg[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6893 km[1] |
Inclinación | 97,3 graos |
Apoapse | 548,6 km[1] |
Periapse | 496,0 km[1] |
Tsubame é un observatorio espacial colaboración da JAXA, o Instituto Tecnolóxico de Toquio e a Universidade de Ciencias de Toquio lanzado nun foguete Dnepr desde a base de Dombarovsky o 6 de novembro de 2014.[2][3][5][6]
A misión de Tsubame é medir a polarización dos raios X duros (entre 30 e 200 keV) dos abrochos de raios gamma usando a anisotropía de ángulo azimutal dos fotóns dispersados por efecto Compton e demostrar varias novas tecnoloxías, como xiroscopios de control de momento de alta precisión e unha pequena cámara de alta resolución para observar a Terra.[3][5][6]