Tuanaki ou Tuanahe é o nome dun grupo de illotes desaparecidos que unha vez formaron parte das Illas Cook, estaban localizados ao sur de Rarotonga e Mangaia[1], a dous días de navegación cara ao sur[2].
En 1916 a Sociedade Polinesia de Honolulú publicou, advertindo das súas reservas sobre a súa veracidade, o único testemuño que existe destas illas, é un relato dun mariñeiro británico que pasara en 1842 seis días cos seus habitantes, un grupo de misionerios organizaron unha expedición cara a Tuanaki en 1844 pero non atoparon nada[3], probablemente desaparecidas logo dun terremoto, un grupo de tuanakis conseguiron deixar a illa nunha canoa antes da súa desaparición, desembarcando en Rarotonga.
Algunhas fontes consideran que os illotes de Haymet Rocks poderían ser un vestixio de Tuanaki[4], pero non parece probable xa que están moi lonxe de Rarotonga, máis próximas a Niue.[5]