Tununguá é un concello colombiano, situado na provincia de Occidente do departamento de Boyacá. Dista uns 53 km da cidade de Chiquinquirá, a cidade máis poboada da provincia e 130 km á cidade de Tunja, capital do departamento.
O primeiro asentamento foi estabelecido en 1850, a mediados do século XX por mor das rivalidades políticas desatadas durante a época da Violencia. Foi recoñecido como concello en 1962 separándoo de Briceño, por medio da Ordenanza No 037 do 30 de novembro da Asemblea Departamental de Boyacá, sendo presidente desta Guillermo Peña Páez.