Turbomeca Aubisque | |
---|---|
Tipo | turboventilador |
Fabricante | Turbomeca |
Primeiro encendido | 1961 |
Principais aplicaciós | Saab 105 |
Desenvolvido do | Turbomeca Bastan |
O Turbomeca Aubisque foi un pequeno motor turboventilador deseñado e producido por Turbomeca nos anos 60. A súa única aplicación foi o adestrador militar Saab 105 como o RM9.[1] O motor recibe este nome polo porto de Aubisca (Col d'Aubisque) nos Pireneos, en liña coa tradición da compañía.
O anterior turborreactor Turbomeca Marboré estaba orixinamente destinado para o Saab 105, pero cando Saab necesitou máis potencia da que o Marboré producía, Turbomeca ofreceu o Aubisque, unha versión turboventilador do turbohélice Turbomeca Bastan. O Aubisque entrou en produción para o Saab 105, fabricándse uns 300, que estiveron en servizo durante 30 anos ata que foron substituídos a mediados dos 90 polo turboventilador Williams FJ44 nos Saab 105 da Forza Aérea de Suecia.