Turmequé

Modelo:Xeografía políticaTurmequé
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 5°19′25″N 73°29′23″O / 5.3236, -73.4897
EstadoColombia
DepartamentosBoyacá
ProvinciaProvincia de Márquez Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie106 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.389 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorGonzalo Jiménez de Quesada Editar o valor en Wikidata
Creación1537 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata

Sitio webturmeque-boyaca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Turmequé é un concello colombiano que se atopa na provincia de Márquez, no departamento de Boyacá.

Atópase a unha distancia de 45 km de Tunja. Este concello limíta polo oeste con Ventaquemada, polo leste con Úmbita, poolo norte con Nuevo Colón e polo sur con Villapinzón. Atópase xunto ao cerro de pozo negro e preto do páramo de Guacheneque onde nace o río Bogotá.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]
Estatua de indíxena practicando o deporte do turmequé no concello de Turmequé.

O nome de Turmequé procede da lingua muisca, e quere dicir « xefe vigoroso ». Este concello tamén recibe o nome de val das trompetas, porque na conquista os españois empregaron catro destes instrumentos para intimidar ós índixenas

Turmequé antigamente era unha aldea tributaria do zaque de Hunza, ademais era fronteirizo coa tribo do Quimuinchatecha cara ó sur. No ano de 1490 houbo un conflito entre as forzas do zipa de Bacatá e o zaque de Hunza nos arredores da vila, pola supremacía desa rexión.

Décadas despois o conquistador español Gonzalo Jiménez de Quesada descobre a vila no ano de 1537, e conquístaa para España.

A vila é nacionalmente recoñecida por ser o berce do deporte local e nacional coñecido como tejo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]