Turner Field | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 33°44′07″N 84°23′22″O / 33.735277777778, -84.389444444444 |
Localización | Atlanta, Estados Unidos |
Alcume | The Ted |
Nomes antigos | Centennial Olympic Stadium (1996) |
Construción | |
Construción | 10 de xullo de 1993 |
Inauguración | 29 de marzo de 1997 |
Renovación | 2017 |
Arquitecto | Atlanta Stadium Design Team |
Enxeñeiro | Thornton Tomasetti |
Custo | $209 millóns (1997) |
Estadio | |
Superficie | Tifway 419 Bermuda Grass |
Dimensións | Left field – 102 m Left center – 116 m Center field – 122 m Right center – 119 m Right field – 100,5 m Backstop – 13 m |
Capacidade | 49.586 espectadores |
Asist. máxima | 54.357 (5 de outubro de 2003) Cubs 3−2 Braves (MLB) |
Propietario | Atlanta Fulton County Recreation Authority |
Operadora | Atlanta National League Baseball Club Inc. |
Localía | Atlanta Braves (1997–2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Turner Field é un estadio de béisbol que se atopa en Atlanta, e entre 1997 e 2016 serviu como estadio do equipo das grandes ligas de béisbol Atlanta Braves. Foi construído en 1997, orixinalmente como o Centennial Olympic Stadium para ser sede central das olimpíadas de Atlanta 1996. Porén, cando remataron os Xogos Olímpicos o estadio foi parcialmente demolido para facelo campo de béisbol. Os Atlanta Braves da Major League Baseball (MLB) utilizaron o estadio entre 1997 e 2016, ano no que se trasladaron ao SunTrust Park.
O estadio foi construído fronte á antiga sede dos Braves, Atlanta-Fulton County Stadium, que foi derrubado no verán de 1997. O Fanplex centro de entretemento atópase adxacente ó estacionamento. O estadio contén 59 suites de luxo e suites de tres partes. O nome máis popular entre os residentes de Atlanta para o novo estadio no momento da súa construción (de acordo cunha enquisa da Atlanta Journal-Constitution) era Hank Aaron Stadium, mais foi chamado Turner Field por Ted Turner.