Two Thousand Maniacs!

Two Thousand Maniacs!
Ficha técnica
Título orixinalTwo Thousand Maniacs!
DirectorHerschell Gordon Lewis
ProdutorDavid F. Friedman
GuiónDavid F. Friedman
IntérpretesWilliam Kerwin
Connie Mason
Jeffrey Allen
MúsicaLarry Wellington
FotografíaHerschell Gordon Lewis
MontaxeRobert Sinise
DistribuidoraBox Office Spectaculars
Estrea20 de marzo de 1964
Duración87 min.
OrixeEstados Unidos
Orzamento$65,000 (estimación)
Na rede
IMDB: tt0058694 Filmaffinity: 351965 Allocine: 136943 Rottentomatoes: m/two_thousand_maniacs Allmovie: v167 TCM: 558233 TV.com: movies/two-thousand-maniacs Netlix: 26615196 Editar o valor en Wikidata

Two Thousand Maniacs! é unha película de 1964 de cine gore dirixida e escrita por Herschell Gordon Lewis. É a segunda parte da triloxía coñecida popularmente como "The Blood Trilogy" ("a triloxía do sangue"), onde tamén están os títulos Blood Feast (1963) e Color Me Blood Red (1965). No libro A Taste of Blood: The Films of Herschell Gordon Lewis, de Christopher Wayne Curry, indícase que esta era unha das películas favoritas de Lewis.[1]

É coñecida polas súas escenas a cor de violencia gráfica e tortura, coa actuación propia dunha película de serie B. Está protagonizada pola Playboy de 1963 Connie Mason. No 2005 fíxose unha reversión chamada 2001 Maniacs, protagonizada por Robert Englund.

A canción da película está escrita e cantada polo director Lewis. O título da película inspirou logo o nome do grupo musical 10,000 Maniacs. É un clásico da época do cine ao aire libre.

A historia da película está inspirada no musical de 1947 de Lerner e Loewe Brigadoon.[2] Seis turistas norteños son metidos na pequena vila sureña de Pleasant Valley como invitados de honra da celebración dos cen anos do día no que a Unión destruíu o pobo. Os turistas van sendo separados un por un e son obrigados a participar en situacións que rematan con mortes violentas. Os dous últimos turistas, despois de descubrir o plan da festa, intentarán fuxir, cousa que conseguirán, chegando onda un sherif que lles di que a cidade fora destruída cen anos antes. A película remata con dous personaxes falando do centenario do 2065, cando Pleasant Valley volverá a aparecer para vingarse dos Yankees.

Produción

[editar | editar a fonte]

Two Thousand Maniacs! rodouse en quince días, a principios de 1964, na localidade de St. Cloud, Florida. Segundo fontes posteriores, o pobo enteiro participou no filme.[3]

  1. Curry, Christopher. A Taste of Blood: the Films of Herschell Gordon Lewis. [London]: Creation, 1998. pg. 67 ISBN. 1-871592-91-7
  2. Doll, Susan; and Morrow, David. Florida on Film: The Essential Guide to Sunshine State Cinema & Locations. Gainesville, Florida: University Press of Florida, 2007. ISBN 978-0-8130-3045-6. p. 163.
  3. Romer, Jean-Claude, Silver Alain (trans.) "A Bloody New Wave in the United States" (July 1964), in Silver, Alain & Ursini, James (eds.) Horror Film Reader. New York: Limelight Editions, 2000. ISBN 0-87910-297-7. p. 63-64.