UDFj-39546284 é a designación que recibe unha estrutura estelar descuberta o 27 de xaneiro do 2011[1] mediante observación infravermella[2] realizada polo telescopio espacial Hubble. G. Illingworth (Universidade de California), R. Bouwens (Universidade de California e Universidade Leiden) e o equipo HUDF09 identificaron este obxecto que se atopa na constelación Fornax.[3][4] En novembro do 2012 confirmouse que o corremento ao vermello era Z~10 empregando datos dos telescopios espaciais Hubble e Spitzer, incluíndo os do Campo extremadamente profundo do Hubble (HXDF en inglés).[5] En decembro do mesmo ano, empregando os mesmos telescopios e o Campo ultra profundo do Hubble (HUDF)[5][6] precisouse que Z = 11,9.[6]
Imaxe do telescopio espacial Hubble. A galaxia é o pequeno punto vermello do centro da imaxe.
A fonte da luz que hoxe en día se detecta xa non existe.[7][8] Crese que a imaxe corresponde a unha pequena galaxia compacta[9] de estrelas azuis que existiu hai 13.420 millóns de anos, aproximadamente 380 millóns de anos[6] despois do big-bang.[10]
No momento da publicación do descubrimento, a galaxia era a máis vella e distante de todas as coñecidas, superando por 150 millón de anos luz a distancia á anterior.
A galaxia, formada cerca do fin dos anos escuros[11] é salientable pola información que contén sobre os primeiros anos despois do Big Bang.
↑A. Mann escribindo para a revista Nature - [1]. Neste artigo fanse as seguintes referencias: Bouwens, R. J. et al. Nature 469, 504-507 (2011). 2.Yan, H.-J. et al. Res. Astron. Astrophys. 10, 867-904 (2010). 3.Kistler, M. D., Yüksel, H., Beacom, J. F., Hopkins, A. M. & Wyithe, J. S. B. Astrophys. J. 705, L104-L108 (2009)