US-Bangla Airlines | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA BS | OACI UBG | Indicativo BANGLA STAR |
Fundación | 2010 | |
Inicio das operacións | 17 de xullo de 2014 | |
Aeroporto principal | aeroporto Hazrat Shahjalal | |
Frota | 7 | |
Destinos | 15 | |
Holding | US-Bangla Group[1] | |
Páxina web: http://www.us-banglaairlines.com |
US-Bangla Airlines é unha aeroliña de Bangladesh con sede en Dacca e baseada no aeroporto Hazrat Shahjalal.[2] A compañía é unha subsidiaria de US-Bangla Group, unha empresa conxunta estadounidense-bangladeshí.[1]
US-Bangla Airlines comezou a operar o 17 de xullo de 2014.[2] Inicialmente a aeroliña lanzou dous destinos domésticos dende o seu centro de conexións en Dacca: Chittagong e Jessore.[2] Os voos cara Cox's Bazar dende Dacca lanzáronse en agosto, e en setembro comezaron os servizos a Saidpur.
En xullo de 2016 a aeroliña anunciou plans para incorporar os seus primeiros dous avións Boeing 737-800 en setembro dese mesmo ano e posteriormente lanzar novas rutas internacionais cara Singapur, Dubai, Calcuta, Kuala Lumpur, Bangkok, Mascate e Cantón.[3]
En marzo de 2018 a frota de US-Bangla Airlines estaba formada polos seguintes avións:[4]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
Boeing 737-800 | 4 | 3[5] | 8 | 156 | 162 | [6] |
Bombardier Q400 | 3 | 3[5] | — | 76 | 76 | [7] |
Total | 7 | 6 |