Ultra Mono

Ultra Mono
Álbum de Idles
Publicado25 de setembro de 2020
Gravación2019
Estudio(s)La Frette, La Frette-sur-Seine
Duración42:52
Xénero(s)post-punk, punk rock, rock industrial
Selo(s)Partisan Records
ProdutorAdam Greenspan, Nick Launay
Cronoloxía
A Beautiful Thing: Idles Live at le Bataclan
(2019)
Ultra Mono -
Na rede
Discogs: 1809205 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ultra Mono é o terceiro álbum de estudio da banda inglesa de punk rock Idles, publicado o 25 de setembro de 2020 a través do selo Partisan Records. Seguindo a liña do seu traballo anterior, Joy as an Act of Resistance, o disco explora temas como o clima sociopolítico actual, a loita de clases, a saúde mental e a masculinidade tóxica, ademais de falar sobre os aspectos positivos e negativos da recente fama do grupo.

O disco foi apoiado por cinco sinxelos, o primeiro dos cales foi o sinxelo promocional "Mr. Motivator", editado o 19 de maio de 2020. Seguíronlle o sinxelo principal "Grounds" o día 16 de xuño, "A Hymn" o 14 de xullo, "Model Village" o 11 de agosto, e "War", que coincidiu co lanzamento do disco. Para continuar coa promoción do traballo a banda programou unha xira que comezará en abril de 2021, cunha serie de concertos íntimos en tendas por todo o Reino Unido,[1] ademais de actuacións máis grandes no Reino Unido e Irlanda entre maio e xuño.[2]

Antecedentes e produción

[editar | editar a fonte]

Tras o lanzamento e oéxito do seu álbum de 2018 Joy as an Act of Resistance, Idles logrou a atención do gran público e xirou extensamente para promocionalo. A banda confirmou a través dunha mensaxe en Instagram en xaneiro de 2019 que estaban compoñendo novos temas, estreando en marzo unha nova canción chamada "Grounds", durante un concerto exclusivo para Dr. Martens.[3][4] A canción apareceu novamente no setlist da súa xira polo Reino Unido en decembro de 2019, e tocárona na súa actuación no Alexandra Palace, onde tamén estrearon dúas novas cancións: "War" e "Danke".[5]

Nunha entrevista para DIY tras o anuncio do álbum en xuño de 2020, o cantante Joe Talbot falou sobre os temas e a inspiración detrás do álbum, dicindo: "Emocionalmente non estou curado, estou curando e iso é o que aparece no disco. Polo tanto este vai sobre procesar e atopar formas pragmáticas de seguir adiante, e dende a túa reacción a ese trauma constrúes algo conciso e fermoso (...) tdas as cancións son proxeccións de procesos internos, non predico nin lle digo aninguén que facer. Amósolle á xente o que eu fago para converterme nunha mellor persoa a longo prazo - non, non mellor, pero si nunha persoa máis produtiva".[6]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
N.º TítuloMúsica Duración
1. "War"  
  • Idles
  • Colin Webster
  • David Yow
3:07
2. "Grounds"  
  • Warren Ellis
  • Idles
  • Colin Webster
3:08
3. "Mr. Motivator"  
  • Idles
  • Colin Webster
3:16
4. "Anxiety"  
  • Idles
  • David Yow
2:59
5. "Kill Them With Kindness"  
  • Jamie Cullum
  • Idles
  • David Yow
3:49
6. "Model Village"  
  • Idles
3:55
7. "Ne Touche Pas Moi"  
  • John Beth
  • Idles
2:34
8. "Carcinogenic"  
  • Idles
3:50
9. "Reigns"  
  • Idles
  • Colin Webster
4:02
10. "The Lover"  
  • Idles
  • David Yow
3:17
11. "A Hymn"  
  • Idles
5:19
12. "Danke"  
  • Idles
3:24
42:52
  1. "IDLES announce dates for intimate 2021 UK instore tour". NME (en inglés). 2020-09-21. Consultado o 2020-10-15. 
  2. "IDLES Announce 2021 UK And Ireland Headline Tour". Kerrang!. Consultado o 2020-10-15. 
  3. April 4, Tyler Henderson; Pm, 2019 at 11:05 (2019-04-01). "DM'S BOOT ROOM: IDLES". Dr. Martens Blog (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-10-15. 
  4. "IDLES Setlist at Dr. Martens Boot Room, London". setlist.fm (en inglés). Consultado o 2020-10-15. 
  5. "Watch Idles play defiant new track 'Grounds' at massive Ally Pally show". NME (en inglés). 2019-12-09. Consultado o 2020-10-15. 
  6. Subscribe. "IDLES confirm third album 'Ultra Mono'". diymag.com (en inglés). Consultado o 2020-10-15.