Un caldeiro de sangue | |
---|---|
Dick Miller como Walter Paisley. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | A Bucket of Blood |
Director | Roger Corman |
Produtor | Roger Corman |
Guión | Charles B. Griffith |
Intérpretes | Dick Miller Barboura Morris Antony Carbone Julian Burton Ed Nelson John Brinkley |
Música | Fred Katz |
Fotografía | Jacques R. Marquette |
Montaxe | Anthony Carras |
Estudio |
|
Distribuidora | American International Pictures |
Estrea | outubro de 1959[2] 9 de decembro de 2001 (TVG) |
Duración | 66 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 50 000 dólares[3][4] |
Recadación | 180 000 dólares[4] |
Na rede | |
Un caldeiro de sangue (en inglés: A Bucket of Blood) é un filme estadounidense de comedia e terror de 1959 dirixido por Roger Corman. Está protagonizado por Dick Miller e está ambientado na cultura beatnik. O filme, producido cun orzamento de 50 000 dólares, foi rodado en cinco días[3] e comparte moitos trazos estéticos da rodaxe con baixos orzamentos da obra de Corman.[5] Escrito por Charles B. Griffith, o filme é unha sátira de comedia negra[3][6] e conta a historia dun mozo impresionable nun café bohemio que é aclamado como un brillante escultor cando mata por accidente o gato da súa caseira e cobre o seu corpo con arxila para agochar a evidencia. Cando é presionado para facer máis obras, convértese nun asasino.[7]
Estreouse en galego o 9 de decembro de 2001 a través da TVG.[8]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Un caldeiro de sangue |