Un cálido decembro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | A Warm December |
Director | Sidney Poitier |
Guión | Lawrence Roman |
Intérpretes | Sidney Poitier Esther Anderson |
Música | Coleridge-Taylor Perkinson |
Fotografía | Paul Beeson |
Montaxe | Pembroke J. Herring |
Estudio | First Artists |
Distribuidora | National General Pictures |
Estrea | 23 de maio de 1973 6 de febreiro de 1989 (TVG) |
Duración | 101 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama e romance |
Recadación | 1 600 000 $ (USA e o Canadá)[1] |
Na rede | |
Un cálido decembro (en inglés: A Warm December) é un estadounidense de 1973 dirixido por Sidney Poitier e protagonizado por el mesmo no papel de Dr. Matt Younger. Está tamén protagonizado pola actriz xamaicana Esther Anderson no papel de Catherine, a namorada de Matt. O papel de Anderson como unha princesa africana valeulle un premio NAACP Image á mellor actriz en 1973. O filme tamén salienta pola utilización do tema "Nonqonqo" cantado por Letta Mbulu cun coro africano, e que foi escrito por Miriam Makeba. Coleridge-Taylor Perkinson escribiu e dirixiu a banda sonora.
Estreouse en galego o 6 de febreiro de 1989 a través da TVG.[2]