Un varón | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Un varón |
Director | Fabián Hernández Alvarado |
Produtor | Louise Bellicaud Claire Charles-Gervais Christoph Hahnheiser Josune Hahnheiser Ilse Hughan Manuel Ruiz Montealegre |
Guión | Fabián Hernández Alvarado |
Intérpretes | Felipe Ramírez Espitia |
Música | Fabien Kourtzer Mike Kourtzer |
Fotografía | Sofia Oggioni |
Montaxe | Esteban Muñoz |
Estudio | lack Forest Films Fortuna Films In Vivo Films Medio de Contención Producciones RTVC Play |
Estrea | Cannes: 24 de maio de 2022 |
Duración | 81 minutos |
Orixe | Colombia Alemaña Francia Países Baixos |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Un varón é un filme colombiano de 2022 escrito e dirixido por Fabián Hernández Alvarado no seu debut como cineasta.[1] Está protagonizado por Felipe Ramírez Espitia.[2] Conta a historia dun adolescente que terá que enfrontarse á ferocidade do seu barrio onde os códigos de masculinidade e a lei do máis forte son obrigatorios para sobrevivir.[3] Trátase dunha coprodución entre Colombia, Alemaña, Francia e os Países Baixos.[4]
Un varón tivo a súa estrea mundial o 24 de maio de 2022 no Festival de Cinema de Cannes de 2022,[5] onde gañou o premio Caméra d'Or[6] e a Queer Palm.[7] Foi escollido como candidato de Colombia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[8] mais finalmente non foi nomeado.
Os actores que participaron no filme son:[9]