Unión Deportiva Santa Mariña

UD Santa Mariña
NomeUnión Deportiva Santa Mariña
Fundación1942
EstadioCotogrande, Cabral, Vigo
PresidenteGalicia Xose Carlos Blanco Crespo
Na rede
https://udstamarina.blogspot.com/p/actual.html
Titular
Alternativo

A Unión Deportiva Santa Mariña é un club de fútbol galego con sede na parroquia de Cabral, en Vigo.

Disputa os seus partidos como local nas Instalacións Deportivas de Cotogrande, e as súas cores son o vermello e o azul.

A UD Santa Mariña fundouse en 1942 como CD Cabral, cambiando o seu nome cinco anos despois polo de Unión Deportiva Santa Mariña de Cabral.[1] Ao longo dos anos, o club centrouse no fútbol base e durante anos non tivo un equipo sénior como tal, senón varios equipos xuvenís competindo en divisións separadas segundo os seus grupos de idade. Actualmente conta cun equipo sénior afeccionado que compite na Primeira Galicia.

Pola canteira do club pasaron xogadores como Santiago Formoso, Jonathan Pereira, Iago Aspas, Brais Méndez, Rubén Blanco, Yelko Pino, Diego Mariño ou Gabri Veiga.

  1. "PRIMEIROS ORIXES - CD CABRAL (1942-1947)". udstamarina.blogspot.com. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]