Universidade de Francia | |
---|---|
Datos xerais | |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Francia, tamén coñecida como Universidade Imperial e normalmente chamada a Universidade, foi o nome da administración francesa do século XIX encargada da educación superior en Francia.[1]
Napoleón Bonaparte quixo reorganizar completamente o sistema educativo francés, incluída a Universidade. A lei de 10 de maio de 1806 establecía que: "baixo o nome de Universidade Imperial, crearase unha corporación encargada exclusivamente da ensinanza e da educación pública en todo o Imperio".[2][3]
O decreto de 17 de marzo de 1808 ordena o funcionamento da Universidade. A Universidade, que está por riba de todas as ordes educativas e na que ninguén pode ensinar sen a autorización do Gran Mestre, e coa condición de ser parte da Universidade. O texto establece seis ordes escolares: