Universidade de Mogi das Cruzes | |
---|---|
Universidade de Mogi das Cruzes | |
Datos xerais | |
Localización | Mogi das Cruzes, Estado de São Paulo, Brasil |
Fundación | 1964 |
Datos actuais | |
Reitor | Regina Coeli Bezerra de Melo |
Alumnos | 20 000 |
Datos de contacto | |
Enderezo | Av. Dr. Cândido Xavier de Almeida e Souza, 200. Mogi das Cruzes, SP |
Páxina web | umc.br |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Mogi das Cruzes (UMC) é unha institución de ensino superior privada do Brasil. Está localizada en Mogi das Cruzes, no Estado de São Paulo. Foi fundada en 1964 e ofrece cursos de grao e posgrao en 2 campos, un en Mogi das Cruzes, no barrio da Vila Leopoldina, e o outro en Villa-Lobos/Lapa.[1]
O 10 de marzo de 1962 o professor e padre xesuíta Manoel Bezerra de Melo foi transferido pola súa orde do Río de Xaneiro para Mogi das Cruzes. Alí fundou o 28 de maio de 1962 unha escola de ensino fundamental chamada Organização Mogiana de Educação e Cultura. No ano seguinte Melo pasou a integrarse na Secretaría de Educación e Cultura do Estado de São Paulo, sendo nomeado director da División de Relacións Públicas da Secretaría. Tendo unha influencia crecente na rexión de Mogi das Cruzes, o padre Melo solicitou autorización ao Ministerio da Educación para implantar unha Facultade de Filosofía, Ciencias e Letras na cidade. Despois da análise documental, o conselleiro Newton Sucupira (do Consello Federal de Educación) autorizou en decembro de 1963 a apertura da Facultade de Filosofía, Letras e Ciencias de Mogi das Cruzes.[2] [3]
Co Golpe de Estado no Brasil de 1964, a Facultade sofreu atrasos na súa implantacón. O padre Melo pasou a buscar o apoio do presidente da Asemblea Lexislativa de São Paulo, o deputado Francisco Franco, e posteriormente de membros da Alianza Renovadora Nacional (ARENA), o partido gobernamental, para acelerar os trámites.[2] despois dunha visita do presidente Castello Branco a Mogi, o padre Melo conseguiu reunirse co mesmo e obtivo a autorización para os primeiros cursos:[4]
A partir de 1966, coa afiliación do padre Melo a ARENA e a súa elección como deputado federal por São Paulo, autorízanse novos cursos:[5]
En maio de 1968 o Ministerio de Educación pasou a investir no aproveitamento de excedentes do proba de acceso á universidade e investiu 100 mil novos cruzeiros no Colexio Mogi das Cruzes para recibilos. Con estes recursos, a Facultade puido ampliar os seus cursos e recibir cada vez máis alumnos.[6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade de Mogi das Cruzes |