Unus pro omnibus, omnes pro uno é unha frase latina cuxa tradución ao galego é "Un para todos, todos para un". É coñecido por ser o lema dos Tres Mosqueteiros de Alexandre Dumas e o lema nacional non oficial de Suíza.
Suíza non ten un lema oficial definido na súa constitución ou nos seus documentos legais. A frase, nas súas versións alemán (Einer für alle, alle für einen), francés (un pour tous, tous pour un), e italiano (Un per tutti, tutti per uno), popularizouse durante o século XIX. Cando tras as choivas de outono de 1868, nos Alpes, as autoridades lanzaron unha campaña de axuda baixo ese lema, usándoo á mantenta para evocar un sentido de unidade nacional na poboación do novo país (Suíza era unha república federal dende había só vinte anos antes e a última guerra civil en Suíza fora no ano 1847). Imprimiuse o lema nos xornais de todo o país para usalo como propaganda. A frase asociouse cada vez máis coas historias da fundación de Suíza, que tamén teñen na solidariedade un tema central, ao momento que o lema se escribiu no Palacio Federal en 1902. Dende esa época considérase como a lema do país. Políticos de todas rexións e tódolos partidos políticos recoñéceno como o lema nacional de Suíza.
Un para todos e todos para un (un pour tous, tous pour un) ou tamén "todos para un e un para todos" é unha lema tradicionalmente asociado cos heroes da novela Os tres mosqueteiros escrita por Alexandre Dumas, e publicada por primeira vez en 1844. Na novela, era o lema dun grupo francés de mosqueteiros chamados Athos, Porthos, Aramis e D'Artagnan, que permaneceron leais os uns aos outros a pesar das dificultades.
O 30 de novembro de 2002, nunha procesión solemne, seis membros da Garda Republicana francesa levaron o cadaleito de Dumas ao seu lugar de enterro orixinal no Cimetière de Villers-Cotterêts en Aisne. O cadaleito foi envolvido nun pano de azul co lema inscrito.
A frase ten sido utilizada por varios Studentenverbindung, asociacións estudantís nos países de fala xermana con certas tradicións propias semellantes ás irmandades.