![]() (2009) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de maio de 1971 ![]() Nixeria ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Educación | Universidade de Míchigan Creighton University (en) ![]() The Catholic University of Eastern Africa (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús ![]() |
Sitio web | uwemakpan.com ![]() |
Uwem Akpan, nado o 19 de maio de 1971, é un escritor nixeriano. É o autor de Say You're One of Them (2008), unha colección de cinco historias (cada unha delas ambientada nun país africano diferente) publicadas por Little, Brown & Company. Gañou o premio "Commonwealth Writers", o premio "Beyond Margins", e foi incluído no segmento "Book Club" do programa The Oprah Winfrey Show o 17 de setembro de 2009.
Uwem Akpan naceu en Ikot Akpan Eda, no sur de Nixeria. Os seus pais eran ambos mestres. El e os seus tres irmáns medraron falando inglés e anaang. Despois de estudar humanidades e filosofía na Universidade Creighton e na Universidade Gonzaga, conseguiu un grao en teoloxía na Universidade Catóica do Leste de África en Kenya. Uwem tamén é graduado pola Universidade de Míchigan.