Vaasan Sport | |
---|---|
Fundación | 1939 |
Cidade | Vaasa, Ostrobotnia Finlandia |
Estadio | Vaasa Arena (4.448 espectadores) |
Liga | Liiga |
Campionatos | 3 (Mestis) |
Adestrador | Pasi Räsänen |
Afiliado(s) | Waasa Red Ducks (Suomi-sarja) |
Cores | Vermello, negro e branco |
Na rede | |
http://www.vaasansport.fi/ |
O Vaasan Sport ou simplemente Sport é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Vaasa (Finlandia). Compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a Liiga, dende a tempada 2014-15. Foi fundado en 1939 e xoga os seus partidos como local no Vaasa Arena, un pavillón con capacidade para 4.448 espectadores.
O Vaasan Sport foi fundado en 1939, e en 1975 participou na tempada inaugural da máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-liiga, mais descendeu esa mesma tempada, non volvendo ascender á categoría.
Logo do descenso, o Sport competiu na primeira división finesa (actual Mestis), ata que descendeu na tempada 1991-92 á segunda división. Non foi ata 1997 cando o equipo retornou á primeira división, cun gol de ouro anotado por Kari Teräväinen que decidiu o partido fronte ao Kiekko-67.
A tempada 2008-09 foi un grande éxito, conseguindo o campionato da Mestis por primeira vez na súa historia. Porén, o equipo perdeu o último partido (nunha serie disputada ao mellor de sete encontros) fronte ao Porin Ässät na liguiña de cualificación e permaneceu na Mestis. As series de promoción pecháronse e o Sport quedou a 1 gol de ascender á SM-liiga.
O Vaasan Sport loita dende o 2000 contra os problemas económicos que case o levan á ruína. Mais a directiva do club realizou melloras para asegurar o futuro do club reducindo o presuposto e contratando un novo adestrador, o ex-campión do mundo Antti Törmänen, que construíu un equipo novo dende cero.
O 28 de febreiro de 2014 anunciouse o regreso do Sport á máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Liiga, logo de que o Jokerit de Helsinqui abandonara o campionato finlandés para competir na Kontinental Hockey League (KHL) a partir da tempada 2014-15.[1]