Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 121 km² | |||
Altitude | 1.423 m | |||
Sitio web | venecia-cundinamarca.gov.co… |
Venecia é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Sumapaz, a 121 km de Bogotá. Anteriormente esta poboación era coñecida co nome de Ospina Pérez, pero a partir de 1974 recibiu o nome actual de Venecia. O concello de Venecia tamén é coñecido como «A Perla do Sumapaz».
Actualmente é imposible afirmar que a cultura indíxena dos Ssutagaos de Doa, extinguidos no século XVIII, sexa antecesor do concello, por canto que non hai unha relación entre un e outro. O sitio onde se atopa asentada a poboación de Venecia deu lugar á disposición dunha pousada para os viaxeiros como termo de xornada no camiño real entre as poboacións de Pandi e Cabrera.
O concello basea a súa economía principalmente no sector agropecuario, sendo a agricultura a actividade económica máis representativa, aínda que a gandaría amosa unha tendencia ó aumento, os sistemas produtivos danse principalmente en minifundios. A nivel dos centros poboados a principal actividade económica é o comercio de bens e servizos básicos para a canastra familiar. A solidez económica do municipio viuse incrementada, así como os investimentos de persoas provenientes doutras rexións.[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Venecia, Cundinamarca |