Ventaquemada é un concello colombiano que se atopa na provincia do Centro, no departamento de Boyacá. Está situado sobre a Troncal Central do Norte, a uns 29 km da cidade de Tunja, capital do departamento. No territorio de Ventaquemada atópase a soada Ponte de Boyacá, donte tivo lugar a Batalla de Boyacá o 7 de agosto de 1819, que selou de maneira definitiva a Independencia da Nova Granada (hoxe Colombia).