Vergara é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Gualivá, a 112 km ó noroeste de Bogotá. Ten unha extensión de 146 km², atópase a unha altitude de 1.510 ms.n.m., e a temperatura media anual é de 19 °C.[1]
A finais do século XVIII, os mineiros dos sitios de Flandes, Pinzayma, La Meseta, Guatayma, Periquito e Armadillos non tiñan parroquia nin sacerdote permanente, polo que as autoridades decidiron construír unha igrexa xunto á facenda "Vergara". A nova parroquia foi recoñecida polas autoridades relixiosas o 5 de xaneiro de 1799, co nome de Santa Bárbara de Vergara. Axiña se formou unha poboación arredor da igrexa, que foi ratificada co nome de Vergara o 12 de decembro de 1800. O primeiro bautizo rexistrouse nos libros parroquiais o 14 de xuño de 1803. O primeiro párroco foi o Feliciano Mariño. Vergara foi consagrada a Santa Bárbara como a súa patroa.[2][3]