Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1726 Vigo, España |
Morte | 1808 (81/82 anos) Las Quintanillas, España (pt) |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Carreira militar | |
Rango militar | Capitán Xeneral do Exército |
Conflito | Guerra da Independencia española |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Vicente María de Acevedo Pola, nado en Vigo en 1726 e finado en Reinosa (Cantabria) en 1808, foi un militar galego que loitou na Guerra da Independencia Española co rango de xeneral.
No levantamento de Asturias contra as tropas francesas foi nomeado xeneral en xefe da División Asturiana, incorporándose posteriormente ao exército que actuaba en Biscaia.
Na batalla de Espinosa caeu ferido, sendo substituído por Rafael del Riego. Tras a derrota, foron capturados na súa retirada nas inmediacións de Reinosa por unha patrulla francesa, que deu morte ao xeneral vigués.