Viking | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | UGATU |
Data de lanzamento | 22 de febreiro de 1986, 1:44 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Ariane 1[3][4] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou[3][5] |
Obxectivo da misión | Estudo da magnetosfera terrestre.[3][5] |
NSSDC ID | 1986-019B |
Masa | 535 kg[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 13 547 km[1] |
Inclinación | 98,8 graos |
Apoapse | 13 550,7 km[1] |
Periapse | 803,0 km[1] |
Viking foi o primeiro satélite artificial sueco. Foi lanzado mediante un foguete Ariane 1 desde o Centro Espacial de Kourou o 22 de febreiro de 1986.[2][3][4][5]
A misión de Viking, xestionada pola Swedish Space Corporation (SSC), foi estudar a magnetosfera terrestre desde unha órbita moi elíptica. O satélite foi construído por SAAB Space xunto con Boeing como subcontratista. Tiña unha masa de 286 kg e estudou os procesos do plasma na magnetosfera e a ionosfera terrestres mediante a medición dos campos eléctrico e magnético, das partículas cargadas, das ondas na magnetosfera e mediante a fotografía das auroras polares. Os experimentos de a bordo foron colaboración de equipos de Suecia, Canadá, Dinamarca, Francia, Noruega, os Estados Unidos e Alemaña.[3][4][5]