Sudan virus (SUDV) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Virus membros (Abreviación) | |||||||||||
Sudan virus (SUDV) |
O virus Sudán (Sudan virus, SUDV) é un ebolavirus pertencente á especie Ebolavirus Sudán (Sudan ebolavirus), clasificado no xénero Ebolavirus, familia Filoviridae, orde Mononegavirales. O SUDV é o único "virus" membro da súa "especie". É un parente próximo do máis coñecido virus Ebola (EBOV). Igual que outros ebolavirus, o SUDV causa unha enfermidade grave en humanos e (experimentalmente) en primates non humanos chamada enfermidade do virus Ebola que é unha febre hemorráxica viral. O SUDV considérase un axente selectivo, un patóxeno do grupo 4 da Organización Mundial da Saúde, que require bioseguridade de nivel 4, un patóxeno prioritario de categoría A dos NIH/Instituto Nacional da Alerxia e Enfermidades Infecciosas dos Estados Unidos, un axente de bioterrorismo de categoría A dos CDC dos Estados Unidos, e está na lista dos axentes biolóxicos para o control da exportación do grupo Australia.
O virus Sudán foi descrito por primeira vez en 1977,[1][2] e o seu nome deriva de que se atopou no sur do Sudán (desde 2011 esa zona pertence ao Sudán do Sur, despois da partición do Sudán).[3]
O virus Sudán foi introducido como unha nova "cepa" do virus Ebola en 1977.[1] En 2000 recibiu o nome de Sudan Ebola virus[4] [5] e en 2002 o nome cambiouse a Sudan ebolavirus.[6][7] As abreviacións que se usaron previamente para el foron EBOV-S (para Ebola virus Sudan) e máis recentemente SEBOV (para Sudan Ebola virus ou Sudan ebolavirus). O virus recibiu a súa denominación actual en 2010, cando foi renomeado como Sudan virus, coa abreviación oficial SUDV.[2]
Segundo as normas de nomenclatura do ICTV o nome virus Sudán non se escribe en cursiva, pero si o da súa especie (Sudan ebolavirus).
Un virus do xénero Ebolavirus é membro da especie Sudan ebolavirus se cumpre os seguintes criterios:
Un virus da especie Sudan ebolavirus é un is un virus Sudan (SUDV) se o seu xenoma diverxe do do prototipo Sudan virus, Sudan virus variante Boniface (SUDV/Bon), en ≤10% a nivel de nucleótidos.[2]
O SUDV é un dos catro ebolavirus que causan a enfermidade do virus Ebola en humanos, tamén chamada febre hemorráxica do Ebola. O virus apareceu en 1976 nun gromo orixinado probablemente nunha fábrica de algodón da zona de Nzara, despois estendeuse por contacto hospitalario e houbo moitos traballadores sanitariows afectados. No pasado o SUDV causou os seguintes gromos de enfermidade do virus Ebola:
Ano | Localización xeográfica | Casos humanos/mortes (taxa de mortalidade) |
1976 | Juba, Maridi, Nzara, e Tembura, no Sudán (hoxe no Sudán do Sur) | 284/151 (53%) |
1979 | Nzara, no Sudán (hoxe no Sudán do Sur) | 34/22 (65%) |
2000–2001 | Distritos de Gulu, Mbarara, e Masindi, en Uganda | 425/224 (53%) |
2004 | Condado de Yambio, no Sudán (hoxe no Sudán do Sur) | 17/7 (41%) |
2011 | Distrito de Luweero, en Uganda | 1/1 (100%) |
Non se coñece o hóspede reservorio do SUDV, pero crese que poden ser os morcegos, xa que se sabe que os morcegos albergan a outros filovirus relacionados co SUDV.[8][9]
O SUDV non está caracterizado molecularmente, pero crese que as súas características poden extrapolarse das do mellor coñecido virus Ebola (EBOV). A súa secuencia xenética, organización xenómica e a conservación de marcos abertos de lectura individuais é similar á dos outros ebolabvirus.