Vis a vis (serie de televisión)

Vis a vis
FormatoDrama
Suspense
Humor negro
IntérpretesMaggie Civantos
Najwa Nimri
Carlos Hipólito
Roberto Enríquez
Berta Vázquez
Alba Flores
País de orixeEspaña España
Episodios24
Emisión orixinal
Canle de orixeAntena 3 Antena 3
Primeiro episodio20 de abril de 2015
Derradeiro episodio22 de xuño de 2016
Na rede
http://www.antena3.com/series/vis-a-vis/
IMDB: tt4524056 Filmaffinity: 441483 Allocine: 18960 Rottentomatoes: tv/vis_a_vis
Facebook: a3visavis Twitter: visavisoficial Netlix: 80059465 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vis a vis foi unha serie de televisión española de xénero dramático, suspense e carcerario, producida por Globomedia para Antena 3. Estreouse o 20 de abril de 2015 como líder da noite, cun 22,4% de cota de pantalla e unha media de 4.308.000 espectadores. O 26 de maio de 2015 a serie foi renovada por unha segunda tempada. O 6 de xullo de 2017 anunciouse oficialmente que FOX Networks Group España, Atresmedia e Globomedia alcanzaron un acordo para a produción da terceira tempada, estrenada en FOX o 23 de abril de 2016. No 2018 confirmouse oficialmente, tamén, a cuarta tempada e en xaneiro de 2019 confirmouse oficialmente que a cuarta tempada da serie sería a derradeira e contaría cun final pechado.

O derradeiro capítulo emitiuse o 4 de febreiro de 2019.

A serie íbase a chamar orixinalmente Mosquita muerta, pero Antena 3 cambioulle o nome por Vis a vis antes da súa estrea, non chegando a utilizarse en ningún memento de forma oficial.[1]

Macarena (Maggie Civantos) é unha moza inxenua que, por amor ao seu xefe, comete varios delitos de manipulación e malversación de contas na empresa na que traballa. É descuberta e acúsase de catro delitos fiscais, polo que é recluída no cárcere Cruz del Sur de forma preventiva. Alí terá que enfrontarse ao choque emocional que supón para ela entrar no cárcere, e ás complicadas relacións entre as reclusas, entre as que destaca Zulema (Najwa Nimri), a interna máis perigosa do centro. O cárcere será un lugar onde pronto descubrirá que as posibilidades de sobrevivir aos sete anos que piden de condena, pasan por cambiar, evolucionar e converterse noutra persoa moi distinta. É a transformación dunha persoa inofensiva, aparentemente incapaz de facer dano, nunha supervivente que vai deixando atrás os seus escrúpulos.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Antena 3 se monta su propio 'Orange Is The New Black' en 'Vis a vis'". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2016. Consultado o 05 de maio de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]