Vivir sin permiso | |
---|---|
Creado por | Aitor Gabilondo |
Intérpretes | José Coronado Álex González Pilar Castro Claudia Traisac Giulia Charm Pol Monen Ricardo Gómez Leonor Watling Patrick Criado Luis Zahera Àlex Monner Ledicia Sola Unax Ugalde María Guinea Xabier Deive Daniel Currás Camila Bossa Mercedes Castro Carmela Martins Paula Pier Manuel Cortés Edgar Vittorino |
País de orixe | España |
Episodios | 26 (13 por tempada) |
Produción | |
Duración | 75 min |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Telecinco |
Primeiro episodio | 24 de setembro de 2018 |
Na rede | |
https://www.telecinco.es/vivirsinpermiso/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Vivir sin permiso é unha serie de televisión española producida por Mediaset España en colaboración con Alea Media para Telecinco. Está rodada en Galicia e ambientada nun relato do escritor Manuel Rivas -Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (2018)[1]-, sobre o pasado e presente do narcotráfico na costa galega.[2]
Nemesio 'Nemo' Bandeira (José Coronado) é un home que se enriqueceu no pasado con actividades ilegais pero que conseguiu branquear a súa traxectoria ata erixirse nun dos empresarios máis influentes de Galicia, a través dunha importante compañía conserveira. Cando a Nemo lle diagnostican alzheimer, tratará de ocultar a súa enfermidade para non mostrarse vulnerable mentres pon en marcha o proceso para elixir o seu sucesor, o que provoca unha hecatombe na familia. Os seus dous fillos lexítimos que nunca tiveron interese algún polos negocios, Nina (Giulia Charm) e Carlos (Àlex Monner), de súpeto tentan demostrar que cada cal é o candidato máis adecuado. O seu afillado, o brillante e implacable avogado Mario Mendoza (Álex González), é obxectivamente o máis preparado, aínda que carece de algo vital: levar o mesmo sangue que o seu padriño. Ao saber que Nemo non o contempla como herdeiro do imperio, poñerá en marcha o seu propio plan sen abandonar o seu encantador sorriso, o que o converterá no máis perigoso e desapiadado dos seus inimigos.
A serie será rodada integramente en Galicia e a súa costa, creando así a ficticia comarca galega de Oeste. As impoñentes paisaxes, as xentes, os costumes, a gastronomía, o mar, o clima, as cores e a singular atmosfera de Galicia son parte fundamental da historia e imprimiren carácter á atmosfera e á estética da produción. O Pazo Toxeiriña en Moraña, enclaves históricos do Salnés, A Illa de Arousa e Vilagarcía de Arousa, o porto de Vigo, Santiago de Compostela e o porto de Ribeira foron as localizacións onde se desenvolveu a rodaxe.[3]
Papeis principais:
Secundarios:
Tempada | Episodios | Estrea | Final | Audiencia media | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Espectadores | Cota | ||||||
1 | 13 | 24 de setembro de 2018 | 17 de decembro de 2018 | 2 700 000 | 19,0% | ||
2 | 13 | 2019 | 2019 | ||||
Total | 26 | 24 de setembro de 2018 |
O primeiro episodio da serie estreouse simultaneamente en 5 canles do grupo Mediaset España: Telecinco, FDF, Energy, Divinity e Be Mad logrando un share de 22,3% (3 047 000) simultáneo. As audiencias do primeiro episodio foron; Telecinco: 2 590 000 (19,0%) ; Energy: 148 000 (1,1%), FDF: 147 000 (1,1%), Divinity: 128 000 (0,9%) e BeMad: 34 000 (0,2%).
N.º
(serie) |
N.º
(temp.) |
Título | Director(es) | Data de emisión | Audiencia |
---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | «¡Llamadme Nemo!» | Marc Vigil | 24 de setembro de 2018 | 2 590 000 (19,0%)[4] |
2 | 2 | «El valor de la palabra» | Marc Vigil | 1 de outubro de 2018 | 2 638 000 (18,1%)[5] |
3 | 3 | «Tiburones y otros peces» | Óskar Santos | 8 de outubro de 2018 | 2 847 000 (19,6%)[6] |
4 | 4 | «La bofetada» | Alfonso Arandia Loroño | 15 de outubro de 2018 | 2 744 000 (18,3%)[7] |
5 | 5 | «Lejos de aquí» | Miguel Ángel Vivas | 22 de outubro de 2018 | 2 707 000 (19,3%)[8] |
6 | 6 | «Aires de cambio» | Óskar Santos | 29 de outubro de 2018 | 2 606 000 (19,6%)[9] |
7 | 7 | «Si estás perdiendo tu alma» | Alfonso Arandia Loroño | 5 de novembro de 2018 | 2 684 000 (18,5%)[10] |
8 | 8 | «Sacrificios» | Miguel Ángel Vivas | 12 de novembro de 2018 | 2 533 000 (17,4%)[11] |
9 | 9 | «Una familia unida» | Óskar Santos | 19 de novembro de 2018 | 2 741 000 (19,1%)[12] |
10 | 10 | «Incapaces» | Alfonso Arandia Loroño | 26 de novembro de 2018 | 2 601 000 (18,1%)[13] |
11 | 11 | «Un día para no olvidar» | Marc Vigil | 3 de decembro de 2018 | 2 756 000 (19,6%)[14] |
12 | 12 | «La sangre es la sangre» | Alfonso Arandia Loroño | 10 de decembro de 2018 | 2 787 000 (19,8%)[15] |
13 | 13 | «Tus amigos no te olvidan» | Óskar Santos | 17 de decembro de 2018 | 2 868 000 (20,2%)[16] |
Na súa emisión en Telecinco, os primeiros episodios da serie foron acompañados dunha serie de reportaxes relacionadas co narcotráfico nas rías galegas.
Programas emitidos | ||||
---|---|---|---|---|
Nº | Data de emisión | Título do programa | Espectadores | Cota de pantalla |
Programas emitidos | ||||
---|---|---|---|---|
Nº | Data de emisión | Título do programa | Espectadores | Cota de pantalla |